Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca busca a solidez como visitante

O Deportivo Abanca busca a solidez como visitante

Despois de gañaren o primeiro partido da temporada en Riazor afrontan dúas saídas seguidas diante de rivais directos pola permanencia, o Éibar e o Valencia

G24.gal 17/10/2024 12:36

O Deportivo Abanca logrou a primeira -e liberadora- vitoria da temporada. O triunfo do sábado pasado contra o Madrid CFF co gol de Millene permitiulle saír ao cadro coruñés dos postos de descenso e ver a semana con máis confianza. O esixente calendario do comezo de campionato, co Atlético ou co Barcelona, podían pasar factura pero este resultado fai que se vexa o futuro doutro xeito.

Así o considera Eva Dios. A xogadora do Salnés entende que este triunfo foi "liberador", sobre todo porque "viñamos de dous partidos nos que nos quitaron puntos nos últimos minutos" como aconteceu diante do Athlétic e do Levante Badalona. 

Agora tócalle ao Deportivo Abanca ser sólido como visitante. Afronta dúas saídas seguidas e diante de rivais directos pola permanencia que van ser moi importantes. A vindeira xornada visitan o campo do Éibar (ten un punto máis que as deportivistas na clasificación) e o seguinte partido será no campo do Valencia, que pecha a táboa clasificatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade