Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca golea o Español (4-0) e ocupa posto de ascenso directo

O Deportivo Abanca golea o Español (4-0) e ocupa posto de ascenso directo

Millene foi a gran protagonista do partido de Abegondo cun hat trick

Foto: @RCDeportivo
G24.gal 04/03/2023 14:37

O Deportivo Abanca goleou o Real Club Deportivo Español en Abegondo e xa está no posto de ascenso directo.

As de Irene Ferreras comezaron marcando a través de Millene, no minuto seis da primeira metade. Gran xogada da brasileira e boa definición. O segundo, minuto 52, foi obra novamente da de Porto Alegre, que empurra a pelota na área cativa. Seis minutos despois, marca Ainhoa Marín que resolve ben o man a man. E no minuto 64, completou a goleada e o seu hat trick particiular Millene Cabral.

Catro a cero, e as coruñesas colócanse na segunda praza, que sería a do ascenso directo porque o líder é o filial do Barcelona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade