Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo está descabezado, sen consello, sen dirección deportiva e sen adestrador

O Deportivo está descabezado, sen consello, sen dirección deportiva e sen adestrador

O director xeral, David Villasuso, queda como apoderado ata a asemblea do 17 de xullo 

G24.gal 15/06/2023 12:22 Última actualización 15/06/2023 12:30

"Unha empresa tan escarallada como esta, non a vin"

Así cualificaba Juan Carlos Escotet a situación do Deportivo tralo acordo que convertía a Abanca no primeiro accionista da entidade. O club aínda estaba en Segunda, e era presidente Fernando Vidal. Non duraría máis dun ano. En febreiro do 2021, cambio de temón. A propiedade destitúe o consello de Vidal e impón un novo consello

É así como chega Antonio Couceiro. Pero esa profesionalización non produce réditos deportivos: chegan dous asaltos ao ascenso fallidos. O último, o domingo en Castellón, e Couceiro anunciou novidades

A primeira foi a destitución da dirección deportiva. A segunda, a do adestrador Rubén de la Barrera, malia contar co favor popular. E a que dinamitou todo foi a terceira. Nun beve comunicado, o club anuncia a renuncia do consello de administración e a convocatoria dunha asemblea o dezasete de xullo para nomear un novo. Ata entón mantén o cargo como apoderado o director xeral, David Villasuso. Aquela empresa escarallada queda agora ademáis descabezada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos