O Deportivo remata unha decepcionante primeira volta con derrota en León
Un gol de Guruzeta nos últimos minutos do primeiro tempo decidiu
Imaxe decepcionante dun cadro coruñés que queda lonxe dos postos de play off
O Deportivo perdeuse en León vítima da súa propia excitación e ansiedade. Bastou con que os dez minutos Rodrí Suárez quentase a Lucas para que os coruñeses acabasen por ferver. A partir de aquí xogouse o que quixo a Leonesa nunha primeira metade de múltiples incidencias en que se mancou Calderón e deu paso a Muguruza.
Na que Pablo Martínez saíu prexudicado neste choque de cabezas con Muguruza e tivo que deixar o seu sitio a Ximo Navarro. Na que Germán Parreño atrasou o inevitable no minuto corenta evitando o tanto de Martín Solar. Pero nada puido facer tres minutos despois cando Muguruza aproveitou unha boa xogada de Alvaro Martínez para facer o un a cero.
Os de Idiákez melloraron no segundo tempo liderados por un Yeremay desequilibrante que rematou tropezando unha e outra vez con Bañuz. Incluso a Leonesa puido aumentar a súa vantaxe nunha cabezada o traveseiro de Escudero. A entrada de Mella e de Hugo Rama intensificou o dominio herculino que acabou reclamando penalti no último derrubo por derrubo a Davo. Foi o resumo dun partido no que o Deportivo comezou alporizado e rematou indignado.