O Deportivo solicita que Yeremay se incorpore máis tarde á convocatoria da sub-21
O Deportivo solicita que Yeremay se incorpore máis tarde á convocatoria da sub-21
En caso de que a Federación non contemple a petición, o canario perdería os vindeiros dous partidos co cadro coruñés
Lea pola convocatoria de Yeremay Hernández coa selección sub-21. O xogador máis determinante do Deportivo neste comezo de campionato viu premiado o seu bo facer coa segunda chamada por parte de Santi Denia. Onde está o problema? O Deportivo xoga este luns o seu partido da Segunda División diante do Éibar e o xogador está convocado en Las Rozas para as 17:00 horas.
Desde o club solicitouse que Yeremay se incorporase á concentración o martes a primeira hora e así poder participar no encontro. O que si vai perder é o da seguinte xornada contra o Almería. A sub-21 afronta dous partidos amigables. O venres, 15 de novembro, diante de Inglaterra e o seguinte martes contra Dinamarca.