O Deportivo precisa un xiro radical ou terá que fialo todo ao play off
O Deportivo precisa un xiro radical ou terá que fialo todo ao play off
Sumou cinco puntos nas últimas sete xornadas e só marcou catro goles
Coa súa visita o Zamora, o Deportivo finalizou unha xeira de trece xornadas sen coñecer a derrota. Os coruñeses apuntaban daquela a ascenso directo. Pero dende aquel 26 de xaneiro os de Borja Jiménez só sumaron 5 puntos de 21 posibles e marcaron catro goles. O play off semella a opción máis optimista nestes momentos.
Coa estrondosa derrota ante o Badaxoz, o equipo descolgouse da primeira praza. Os coruñeses están a seis puntos do líder, un Racing que acumula 12 xornadas sen perder, e a cinco da sexta praza, xa fóra dos postos de promoción.
A falta de dez xornadas por disputarse, o Deportivo busca un xiro. Seis deses encontros xogaranse na casa, pero Riazor está lonxe de ser un fortín. Os catro últimos liquidáronse con dúas derrotas, unha vitoria e un empate. O Deportivo vixía ademais os seus inmediatos perseguidores, Celta B e Raio Majadahonda, terceiro e cuarto clasificados con 47 puntos e seguintes rivais na liga tras a cita coa Cultural deste sábado.