Publicador de contidos
Publicador de contidos

O derbi da Asobal queda no Morrazo

O derbi da Asobal queda no Morrazo

O Cangas superou en intensidade o Cisne e logrou a segunda vitoria consecutiva (30-25)

G24.gal 12/11/2022 21:27

O Cangas Frigoríficos do Morrazo impúxose no derbi da Asobal ao Cisne por 30-25. Un triunfo sen discusión dun equipo cangués que xogou con máis intensidade e dominou o partido por completo. 

Despois dun intercambio de goles (5-5), o Cangas colleu a primeira marxe importante cun parcial de 5-0. O Cisne tentou reaccionar pero atopouse cun rival que non lle deu ningunha concesión. Contra o final do primeiro tempo a diferenza aumentou ata os sete goles (19-12). 

No comezo do segundo tempo os pontevedreses tentaron meterse no partido, pero o Frigoríficos aguantou e disparouse con nove tantos de vantaxe (22-13). Tocáballes xestionar a vantaxe levados polo público do Gatañal, que tiña ganas de celebrar un triunfo que se resistía desde a primeira xornada de liga. 

Nos últimos minutos, o Cangas entrou con seis goles de marxe (27-21) e acabou redondeando o partido cun gol de golpe franco co reloxo a cero. Con este resultado o Cangas supera o Cisne na táboa clasificatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar