Publicador de contidos
Publicador de contidos

Imaxe triste para o fútbol sala no Marín-Burela

Imaxe triste para o fútbol sala no Marín-Burela

G24.gal 30/04/2022 17:26

Nin 4 minutos completos durou o derbi galego entre Marín e Burela. O cadro local presentouse con só 3 xogadoras por un gromo de covid-19 no cadro de futbolistas e logo de pedirlle sen éxito o aprazamento á Federación. 

Coa superioridade numérica evidente, o Burela marcou na primeira xogada do partido. Irene Samper abriu o marcador. Xusto despois mancouse María León, e o colexiado puxo fin ao bochorno porque as locais non tiñan xogadoras suficientes.

Unha imaxe triste e que dende logo non se corresponde con este deporte. O Burela leva os 3 puntos dun partido que deixa un espectáculo que non lle fai ningún favor ao fútbol sala feminino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar