Publicador de contidos
Publicador de contidos

O derbi galego da ACB chega cos dous equipos necesitados do triunfo

O derbi galego da ACB chega cos dous equipos necesitados do triunfo

O Breogán encadea tres partidos sen conseguir o triunfo

O Obradoiro está só un triunfo por riba dos postos de descenso

G24.gal 24/03/2022 21:45

O Breogán vén de enlazar tres derrotas seguidas. O Obradoiro, de perder contra o Málaga. O derbi galego da ACB dispútase este sábado en Lugo co precendente do Sar hai dous meses, con vitoria clara para os composteláns.

Porque os derbis igualan as forzas. Moitas veces lévao o máis necesitado. O Obradoiro pelexa pola permanencia. O Breogán non descarta o playoff polo título.

Musa non está no seu mellor momento, pero Moncho asegura que non todo xira ao seu redor no Breogán.

Once vitorias leva o Breogán, oito o Obradoiro. A diferenza entre competir coa aristocracia ou baixo a presión de manterse na elite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade