Publicador de contidos
Publicador de contidos

O derbi queda en Santiago e aperta a loita pola permanencia (83-72)

O derbi queda en Santiago e aperta a loita pola permanencia (83-72)

O xogo colectivo dos de Moncho foi diferencial na primeira metade

O Breogán chegou a perder por 18 puntos e estivo preto de lograr a remontada

G24.gal 23/03/2024 20:41

Obradoiro e Breogán víronse as caras nun derbi galego vital para as aspiracións de ambos equipos na loita pola permanencia.

A primeira metade foi dominada totalmente por un Obradoiro que saíu moi consciente do que se xogaba. A gran defensa do equipo de Monchoi foi decisiva para que os santiagueses remataran o primeiro cuarto once punto por riba, 25-14. Tras o recomezo o escenario non mudou moito, o Breogán mellorou, aínda que o Obradoiro non baixou e a diferenza semellaba ser a mesma. Con todo, a diferenza ao descanso foi incluso maior, 41-27.

Na segunda metade o Breogán foi reducindo a desvantaxe pouco a pouco, sobre todo mediante o triplo, liderados por un Ben Mclemore moi intenso, A pesar de todo, o resultado ao descanso non variou moito e os lucenses só foron quen de reducir dous puntos a diferenza. 62-50.

No derradeiro cuarto a dinámica mudou e foi entón cando os visitantes comezaron a recuperar as súas opcións. Duncan Robinson liderou unha remontada coa que Río Breogán se situou seis puntos abaixo a falta de tres minutos e medio. Cinco puntos chegou a ser a diferenza, pero trinta segundos de ouro de Scrubb dinamitaron as opcións visitantes e outorgáronlle nunha bandexa de prata as opcións ao Obradoiro. O resultado final, 83-72.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos