O Eibar pon a proba a fiabilidade do Lugo no Anxo Carro
O Eibar pon a proba a fiabilidade do Lugo no Anxo Carro
O Lugo mailo Eibar recuperan un clásico con doce enfrontamentos que leva sete anos sen celebrarse. Curiosamente, un dos supervivintes daquel partido é o técnico, Garitano, bo coñecedor do Anxo Carro.
Gaizka Garitano, adestrador da S.D. Eibar: "Partido complicado, que se decide por poucos goles, moito empate, vitorias por un gol, tanto para eles como para o rival, como o de Fuenlabrada de hai quince días. Partidos nos que sabes que vai ser un a cero, cero a un, decidirase por un gol, dous, tres; dous, dous, nunca hai un partido fácil en Lugo".
Rubén Albés ten claro como deben afrontar o encontro.
Rubén Albés: "Creo que colectivamente, debemos facer un partido, a nivel defensivo, moi intelixente e cando falo de intelixencia, falo de entender como che pode danar, quen che pode danar, en que zonas che poden danar, a nivel de moitísimo esforzo e sobre todo, debemos asustar o Eibar".
Os dous técnicos coinciden en que as xogadas a balón parado poden resultar determinantes.
Gaizka Garitano: "En Segunda división vívese moito deste tipo de xogadas, todo o mundo as preparamos o máximo posible, traballamos e, lóxicamente, o Lugo é un dos seus puntos fortes tamén".
Rubén Albés: "A gran virtude é que temos xogadores que teñen capacidades para facer dano a balón parado e para lanzar ben, non?, A partir de ahí, escollemos que tipo de traxectorias lanzar".
Traxectorias con destino a gol. 9 dos 20 tantos do Lugo chegaron a balón parado.