O encoro que fornece o concello de Vigo está a menos do 70 %
O encoro que fornece o concello de Vigo está a menos do 70 %
No ano 2017 a presa de Eiras chegou a estar ao 37 %
O pantano de Baíñas, que abastece Baiona, rolda o 32 %
A previsión de chuvias intermitentes podería aliviar os problemas de escaseza de auga tanto no Val Miñor coma no concello de Vigo.
A baixada do caudal do encoro de Eiras, que fornece a cidade olívica, percíbese a simple vista. Está ao 69,29 %, segundo os últimos datos facilitados por Augas de Galicia. Chegou a estar ao 37 % no ano 2017, o seu peor dato coñecido. Daquela emerxeron unha vella ponte e varios muíños do núcleo asolagado.
Pero a situación máis crítica está en Baiona. O seu pantano de referencia, o de Baíña, está ao 32,51 %. Mesmo por baixo do de Zamáns, que case chega ao 39 %.
Á espera de que os chuvascos sexan xeneralizados, a boa nova é que o gasto de auga no Val Miñor irá en descenso, grazas ao remate da campaña de verán e á saída de turistas.