Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP pedirá ao goberno de España que rectifique e priorice o AVE Vigo-Lisboa

O PP pedirá ao goberno de España que rectifique e priorice o AVE Vigo-Lisboa

García Comesaña considera que non é unha discusión bizantina, senón que o que é bizantino, por vello, é o tren actual

G24.gal 26/10/2024 15:11

O Partido Popular de Galicia escenificou ás portas da estación intermodal de Vigo, Vialia, o seu malestar  polo que considera a discriminación recorrente de Galicia en materia ferroviaria; xa que o AVE Vigo-Lisboa non é unha prioridade para o goberno español. Pedirán que o executivo rectifique esta decisión como xa fixo o goberno luso.

Entre os presentes, ademais de Julio García Comesaña, estaban a senadora e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o deputado nacional Pedro Puy, a pontevedresa Pepa Pardo, Michel Fidalgo, a vicepresidenta da deputación de Pontevedra en Vigo, e todos os concelleiros do partido popular en Vigo.

Comesaña apuntou tamén que a petición do AVE Vigo-Lisboa non é un debate bizantino, que o bizantino é o tren, referíndose ao vello e obsoleto que está, segundo o seu criterio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade