Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio arrasa unha casa de madeira en Fornelos de Montes

Un incendio arrasa unha casa de madeira en Fornelos de Montes

Os medios de extinción empregáronse a fondo para sufocar as lapas pero non lograron salvar a vivenda

Os servizos contraincendios en Fornelos de Montes Os servizos contraincendios en Fornelos de Montes
G24.gal 26/02/2023 09:53

Un lume, xa totalmente apagado, queimou por completo unha casa de madeira situada na localidade pontevedresa de Fornelos de Montes.

Os medios de extinción traballaron arreo durante toda a tarde deste sábado para sufocar canto antes as lapas que arrasaron por completo a vivenda de dous andares no lugar da Laxe, en Fornelos de Montes. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Despois de traballaren desde as cinco da tarde ata as dez da noite os Bombeiros do Baixo Miño comunicaron o remate dos traballos de extinción.

Ademais dos Bombeiros de Baixo Miño, formaron parte do operativo os membros do GES de Avión, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea, o persoal do servizo provincial de incendios e a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade