Policía e fiscalía rexistran a casa de Boluarte e a sede do Goberno peruano
Policía e fiscalía rexistran a casa de Boluarte e a sede do Goberno peruano
A presidenta está a ser investigada pola presunta comisión dun delito de enriquecemento ilícito
A fiscalía anticorrupción e a División de Investigación de Delitos de Alta Complexidade (Diviac) da Policía Nacional do Perú (PNP) rexistraron a vivenda da Presidenta do país, Dina Boluarte, e a sede do Goberno en Lima.
Estas inspeccións forman parte dunha pescuda preliminar aberta o pasado 18 de marzo contra a mandataria pola presunta comisión dun delito de enriquecemento ilícito, en relación cunha colección de reloxos de luxo.
"Intolerable atropelo"
O primeiro ministro, Gustavo Adianzén, amosouse "indignado" pola actuación dos axentes que racharon a fechadura da vivenda da Presidenta. Considera que se trata dunha acción "absolutamente desproporcionada".
"Produciuse un intolerable atropelo á dignidade da presidencia da República e á nación que ela representa".
Insiste en que Boluarte, que dixo non ter ningunha irregularidade patrimonial, "en todo momento presentou a súa colaboración ao Ministerio Público".
Adianto electoral
Dina Boluarte chegou á presidencia en 2022, tras o autogolpe de estado fracasado de Pedro Castillo, do que foi compañeira de fórmula presidencial pola esquerda, e agora mantense no cargo co apoio da dereita.
Aínda que é rexeitada polo 90 % da poboación, logrou eludir de momento o adianto electoral que reclama a maioría do país.