O Rácing-Deportivo foi o partido do medo (0-0)
O Rácing-Deportivo foi o partido do medo (0-0)
O mellor espectáculo do Racing-Deportivo estivo nas bancadas do Sardinero, onde acudiron preto de 2.000 afeccionados coruñeses que presenciaron como o seu equipo sacaba un punto ante un rival directo. Iso foi o máis positivo que traen os herculinos de Santander, nun partido máis de medos que de medo. Saíu máis enchufado o Racing, que dispuxo de dúas boas oportunidades en remates de Bustos e Bobadilla.
O que respondeu o Deportivo pasada a media hora de xogo, neste man a man de William de Camargo con Perera, na ocasión máis clara dos coruñeses en todo o partido. Un minuto despois, Quiles probou fortuna, pero de novo tropezou co meta racinguista.
O encontro ensuciouse nos últimos minutos do primeiro tempo, onde se amosaron catro cartóns amarelos en catro minutos. Algunhas, como esta entrada de Mantilla, incluso puideron ser de cor vermello. O respecto entrambos equipos, con 2994 partidos e primeira, acrecentouse na segunda metade onde nin o Rácing puido. Nin o Deportivo quixo. Un disparo frouxo detido por Perera, este libre directo alto de Jurguen e un remate de Miku foron os únicos achegamentos coruñeses nun segunda tempo que rematou na área coruñesa con dous disparos cántabros detidos por Mackay. En definitiva, empate a nada entre os dous grandes favoritos da categoría.
O Deportivo xa comezou a preparar o partido ante o Zamora.
#OSNOSOS | Catro adestramentos desde mañá no #Dépor previos á visita do Zamora CF a #ABANCARIAZOR https://t.co/oelRESwz6q pic.twitter.com/gKY8FpJVpI
— RC Deportivo (@RCDeportivo) October 25, 2021