Cargando resultados...
O exdeportivista Christian Santos reforza o ataque do Arenteiro
O exdeportivista Christian Santos reforza o ataque do Arenteiro
Álex Vázquez: "Christian Santos é un luxo e vainos dar experiencia"
G24.gal
06/02/2024 13:46
Última actualización 06/02/2024 15:39
Un venezolano por outro, un exdeportivista por outro. O Arenteiro suple a marcha de Miku ao fútbol do seu país coa chegada de Christian Santos ata o final desta tempada. Así valora Álex Vázquez, director deportivo, a chegada do dianteiro.
"Christian Santos é un luxo".
"Vainos dar experiencia, axudará porque ten moi bo remate e adáptase ben".
Tras as súas aventuras en Venezuela, Chile e Unionistas, o ex do Alavés regresa ao fútbol galego para reforzar a un conxunto de Primeira RFEF, que será rival do Dépor e visitará Riazor na segunda volta.