Cargando resultados...
O Exército arma unha ponte provisional en Aldea del Fresno, illada polas chuvias
O Exército arma unha ponte provisional en Aldea del Fresno, illada polas chuvias
A ministra de Defensa visita unha das zonas máis afectadas pola gota fría na Comunidade de Madrid
G24.gal
10/09/2023 14:27
Última actualización 10/09/2023 14:44
A ministra de Defensa, Margarita Robles, visitou este domingo a localidade de Aldea del Fresno, unha das máis afectadas pola gota fría.
A zona, no sur da comunidade de Madrid, está case illada desde hai unha semana ao desbordárense os tres ríos que pasan polo municipio e derrubárense tres pontes. Só quedou unha única vía de comunicación.
A ministra recibiu información sobre o terreo dos traballos para instalar unha pasarela que facilite a mobilidade.