O Fabril estrélase contra os paus e acaba perdendo co Valladolid (2-3)

Protestado o segundo gol visitante por unha falta de Frimpong

G24.gal 12/11/2023 14:36

Nun partido cheo de ocasións e alternativas o Fabril acabou perdendo por 2-3 diante do Valladolid Promesas. 

Estiveron mellor os pucelanos na primeira metade e no minuto 40 Dani Fernández marcaba o primeiro do partido. O Fabril empatou no engadido logo dunha boa xogada de Iano pola esquerda que rematou Mati Castillo. 

O dianteiro cántabro fixo a xogada do segundo gol que rematou á rede Vilán (minuto 56). Remontaba o Fabril que parecía ter o partido controlado ata que no 68 Frimpong recuperou o coiro de xeito irregular e marcou o gol do empate. 

Chegou nese momento o tempo dos paus. Os coruñeses estreláronse tres vece contra o ferro para marcar o terceiro e foi o Valladolid Promesas no 85 o que acabou marcando o gol da vitoria cun remate de Iago Parente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade