Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fabril suma un punto insuficiente na visita do Marino de Luanco (2-2)

O Fabril suma un punto insuficiente na visita do Marino de Luanco (2-2)

O filial remontou, pero os visitantes igualaron axiña

Kevin e Nájera foron os goleadores deportivistas

G24.gal 28/01/2024 12:57

Deportivo Fabril e Marino de Luanco igualaron a dous goles un partido con alternancias, en que ambos os equipos puideron conseguir a vitoria.

A primeira metade comezou sen moito ritmo, con ambos conxuntos disputando a posesión da pelota, aínda que sen grandes achegamentos. Cumprido o minuto 20, unha perda de Nájera no centro do campo desencadeou un contragolpe que foi detido facilmente por Brais. Un par de minutos despois, un centro dende a dereita estivo a piques de ser enviado ao fondo da rede por Kevin Sánchez. Chegando a media hora de partido, o gardarredes Brais chocou na área pequena con Iván Elena, no seu intento por rexeitar un balón aéreo. Como consecuencia do golpe, o xogador visitante marchou mancado cara aos vestiarios no minuto 35. Cinco minutos despois, Aitor Lorea, que entrara de recambio, atopouse só diante de Brais e non perdoou. 0-1 e tocaba remar. Así rematou o primeiro tempo.

O segundo acto iniciou de forma moi semellante ca o primeiro. Sen ocasións perigosas, aínda que cun Fabril ambicioso na busca do empate. Ata que no 57, un gran pase deixa sen marca a Kevin diante do gardameta. Erra o primeiro tiro, pero non o rexeite e pon o 1-1 no electrónico. Menos de vinte minutos despois, cando non había ningún achegamento, Nájera atopou o segundo cun gran golpeo. Tres minutos despois, Miguel Cuesta empatou o partido e rematou axiña coa ledicia do empate. Na última xogada, o filial deportivista conseguiu un gol que foi anulado polo colexiado por fóra de xogo.

O punto é insuficiente para ambos, que continúan na zona de perigo da clasificación.  O Fabril segue 13 en posto de playoff.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade