Os cinco galegos de Segunda RFEF coñecen a súa folla de ruta
Os cinco galegos de Segunda RFEF coñecen a súa folla de ruta
O Fabril e o Pontevedra comezan a Liga como locais
San Lázaro acollerá o primeiro derbi na segunda xornada, con Compostela e Pontevedra como protagonistas
Setembro e a Segunda RFEF van da man. O día 1 dará comezo cuarta competición nacional, e son cinco os galegos que forman parte dela. Co calendario xa presentado de xeito oficial, o inicio preséntase moi distinto para uns e para outros. O Fabril recibirá o Real Ávila, debutante na categoría, na Coruña, e o Pontevedra xogará contra o Valladolid Promesas en Pasarón.
Os outros tres teñen que viaxar. O Coruxo debuta contra o Real Avilés en Asturias e o Bergantiños enfróntase ao Guijuelo na súa volta á categoría. O traxecto máis longo tócalle á SD Compostela. Os picheleiros porán rumbo a Soria para facerlle fonte ao Numancia.
Os derbis estarán á orde do día. De feito, nas xornadas dous, tres e catro hai enfrontamentos entre equipos galegos. O primeiro será entre Compostela e Pontevedra en San Lázaro. Despois, haberá un Fabril - Compostela, e na cuarta tocaralles a Pontevedra e Fabril, en Pasarón.