Publicador de contidos
Publicador de contidos

O filial do Celta carece de fortuna nos lanzamentos de penalti

O filial do Celta carece de fortuna nos lanzamentos de penalti

Empatou contra o Arenteiro (0-0) e Damián estragou a mellor ocasión desde o punto de penalti

G24.gal 05/08/2023 14:39

Celta Fortuna e Arenteiro empataron sen goles no amigable disputado en Barreiro. Os dous equipos, que coincidirán na Primeira Federación, aproveitaron para facer moitas probas e ir ensamblando os equipos. 

Por segundo partido consecutivo o filial celeste estragou un lanzamento de penalti. Damián mandou ao poste a mellor opción viguesa. O dominio foi do equipo local que gozou doutra boa ocasión no segundo tempo cando Pablo Durán espetou un disparo contra a trabe. 

Na lista estaba Miguel Rodríguez, que onte recibiu a alta médica logo de superar unha escordadura de xeonllo, pero non participou ningún minuto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar