Publicador de contidos
Publicador de contidos

O fútbol sala galego está de parabéns coa final da Supercopa entre o Burela e o Poio

O fútbol sala galego está de parabéns coa final da Supercopa entre o Burela e o Poio

O Poio derrotou a Roldán (2-2) e o Burela a Futsi (3-3) en dúas agónicas quendas de penaltis

G24.gal 04/02/2024 10:32

O Burela Pescados Rubén e o Poio Pescamar disputarán a final da Supercopa de España de fútbol sala feminino demostrando o poder do deporte en Galicia. 

O Poio tentará facer historia logrando o seu primeiro título nacional logo de derrotar a Roldán na primeira das semifinais. Marta e Ale de Paz marcaron para as pontevedresas. Laura adiantara o equipo murciano e no 38 Marián levou a eliminatoria á quenda de penaltis.

Roldán pagou os nervios e só acertou nun dos lanzamentos e a porteira Elena foi protagonista con dúas paradas para meter a Poio na gran final. 

O Burela reaccionou no segundo tempo e levantou unha semifinal que tiña moi costa arriba diante do Futsi Navalcarnero na considerada como a final anticipada. Ao descanso o resultado era de 1-3 cos goles de Patricia para as galegas e de Laura Córdoba, Irene Córdoba e María Sanz para as madrileñas. 

No segundo tempo tardou en chegar o gol pero no 32 o Burela metíase no partido grazas a Irene Samper e no 35 Emilly Marcondes atinaba nun dobre penalti. Nos lanzamentos desde o punto de penalti acertaron todas ata o sexto lanzamento do Futsi executado por Pilar e detido por Caridad. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade