O galego Hugo Bueno renovou co Wolverhampton Wanderers ata 2028
O galego Hugo Bueno renovou co Wolverhampton Wanderers ata 2028
O director deportivo do Wolves, Matt Hobbs, asegurou que a de Hugo é unha das "grandes historias de éxito do club"
Hugo Bueno, internacional con España sub-21, debutou co primeiro equipo do Wolves a tempada pasada e desde entón disputou máis de 30 partidos co equipo inglés, alternando a titularidade e a suplencia no lateral esquerdo.
O contrato de Bueno foi renovado por cinco anos, con opción a un adicional. O director deportivo do Wolves, Matt Hobbs, asegurou que a de Hugo é unha das "grandes historias de éxito do club".
"Trouxémolo do fútbol base español cando tenia 16 anos e agora que ten 21 é un xogador habitual na Premier League", engadiu Hobbs.
Bueno fichou polo Wolves en 2019 procedente do Areosa galego, e gozou dos seus primeiros segundos na Premier League en outubro de 2022 contra o Nottingham Forest, ata que uns días despois xogou os 90 minutos contra o Crystal Palace, na súa primeira titularidade na liga.