O galego Rubén Albés, destituído logo do empate contra o Rácing
O galego Rubén Albés, destituído logo do empate contra o Rácing
O Albacete volveu meterse en postos de descenso, a un punto da permanencia
A dez xornadas para o final acabou o periplo do galego Rubén Albés á fronte do Albacete. E fíxoo despois do empate contra o Rácing de Ferrol nun partido que puido gañar, con ocasións moi claras para os albaceteños, pero tamén perder logo dos dous penaltis que fallou o cadro departamental.
Con este resultado o Albacete volve a meterse en postos de descenso e, malia que se atopa a un só punto da permanencia, a directiva decidiu tomar a decisión de cesalo.
O fútbol non ten memoria. Rubén Albés colleu o ano pasado a un equipo recentemente ascendido e levouno a xogar polo ascenso a Primeira División. Todo iso co orzamento máis baixo da categoría polo que recibiu o premio como mellor adestrador da Segunda División.