Cargando resultados...
Albés e o Lugo queren comezar unha nova xeira positiva
Albés e o Lugo queren comezar unha nova xeira positiva
G24.gal
26/02/2022 14:01
O tempo suplementario condenou o Lugo nas dúas últimas xornadas.
Ante o Huesca e o Amorebieta, os de Rubén Albés recibiron dous goles que provocaron a perda de tres puntos no tempo engadido. Curiosamente en dúas accións a balón parado, unha das facetas nas que son máis fortes.
O técnico analizou as circunstancias que os levaron a debilitarse no treito final como o amosa o feito de que en catro das seis últimas xornadas o equipo apañase catro tantos.
Albés plantéxase o xeito de afrontar os encontros. O adestrador galego séntese molesto coas acusacións que están a recibir de perder tempo.
Disfrazado de Manolo García, Rubén Albés tamén asegura que no Lugo nunca o tempo é perdido.