Cargando resultados...
Un adestrador galego para o Spórting de Xixón 52 anos despois
Un adestrador galego para o Spórting de Xixón 52 anos despois
Rubén Albés sucede a Miguel Ángel Ramírez na procura do ascenso
G24.gal
25/06/2024 13:58
O vigués Rubén Albés volverá aos bancos tras abandonar o Albacete fai apenas uns meses. O mozo adestrador, ex de Celta B ou Lugo entre outros, faise cargo dun dos asentos máis preciados da categoría de prata do fútbol español, o do Spórting de Xixón.
Será o primeiro adestrador galego en Xixón dende Luis Cid Pérez, máis coñecido como Carriega, que foi un dos artífices da fichaxe da lenda do Spórting, Enrique Castro González, Quini. Rubén Albés atópase agora cun bonito reto, o de retornar a un histórico a Primeira División, categoría que leva sen pisar o equipo asturiano dende o seu descenso en 2017.