Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Gil Casares de Santiago será dos primeiros hospitais en ter un centro de atención a vítimas de violencia sexual

O Gil Casares de Santiago será dos primeiros hospitais en ter un centro de atención a vítimas de violencia sexual

A Xunta vai crear 5 centros repartidos por toda Galicia

Prestarán atención especializada 24 horas os 365 días do ano

G24.gal 03/07/2024 14:10

Galicia contará con 5 centros de crise 24 horas para atender as vítimas de violencia sexual. A conselleira de Política Social visitou este mércores as instalacións do de Santiago. Estará no Gil Casares, próximo ao edificio principal do CHUS, e será un dos primeiros que abrirá as súas portas.

Fabiola García sinala que a Xunta traballa na actuación directa a carón das vítimas e tamén en iniciativas de prevención como os puntos lilas presentes en numerosos eventos e festivais para promover a tolerancia cero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade