Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aprobado o proxecto de lei que sanciona o desperdicio de alimentos

Aprobado o proxecto de lei que sanciona o desperdicio de alimentos

A nova lei obrigará os restaurantes a informar os clientes de que poden levar as sobras

Esta lei está previsto que entre en vigor en xaneiro de 2023, dixo Planas

O Goberno multará os restaurantes e supermercados que tiren a comida que sobra ou os alimentos caducados

G24.gal 07/06/2022 12:11 Última actualización 07/06/2022 15:25

O Consello de Ministros aproba hoxe o proxecto de Lei de prevención das perdas e desperdicio alimentario. O obxectivo da norma di a Moncloa que é "producir unha drástica redución dos refugallos de alimentos sen consumir e que acaban no lixo. A norma pretende un mellor aproveitamento dos mesmos e que entraría en vigor en xaneiro de 2023, segundo as previsións do ministro de Agricultura.

Os restaurantes deberan informar os clientes de que poden levar as sobras e no caso dos supermercados terán que rebaixar determinados alimentos cando estea próxima a súa caducidade.

A hostalería e as superficies comerciais enfróntanse a multas de ata 60.000 euros por tirar a comida que non se consume. 

Pero non só se tira comida en restaurantes e supermercados, explica o Ministerio de Agricultura; nos fogares españois tiráronse 1.364 millóns de quilos/litro de alimentos anuais, unha media de 31 quilos/litro por persoa en 2020.

Na exposición de motivos da lei, o Goberno xustifica a necesidade de establecer unha norma porque a loita contra despilfarro "é un imperativo ético, en liña coas principais liñas de xustiza social do Goberno, protección do medio ambiente e crecemento económico, que debe implicar ao conxunto da sociedade na que se enmarca esta normativa".

A lei establece que todos os axentes da cadea alimentaria deben contar cun plan de prevención para evitar o desperdicio, e establece unha xerarquía de prioridades que deben cumprir,a primeira das cales é o uso para o consumo humano, mediante doazóns a empresas sen ánimo de lucro ou bancos de alimentos.

Para a doazón de alimentos, as industrias alimentarias, establecementos comerciais e hostalería e restauración deberán asinar convenios cos organismos receptores nos que se recollerán especificamente as condicións de recollida, almacenamento e transporte e selección dos alimentos, entre outros aspectos.

Os alimentos doados deben ter unha vida útil suficiente para permitir a súa distribución e uso seguros aos seus destinatarios finais.

 

Réxime sancionador

O réxime sancionador establece como falta grave non contar cun plan de prevención das perdas e o desperdicio alimentario, para a que prevé sancións que poden oscilar entre 2.001 e 60.000 euros.

Como infraccións moi graves, sancionables con entre 60.001 e 500.000 euros de multa, considerarase a segunda ou ulterior falta grave que se cometa nun prazo de dous anos.

Por outra banda, considéranse infraccións leves non aplicar a xerarquía de prioridades no uso dos alimentos ou que as industrias, empresas de distribución polo miúdo, de hostalería e restauración non leven a cabo a doazón daqueles produtos non vendidos a través dun pacto ou convenio.

No caso das empresas e entidades de iniciativa social que sexan receptoras das doazóns, considerarase infracción leve que non entreguen os excedentes a persoas desfavorecidas, ou que establezan algún tipo de discriminación no acceso á repartición de alimentos.

Así mesmo considerarase infracción leve a negativa para colaborar coas administracións públicas para a cuantificación dos residuos de alimentos.

A lei prevé para as infraccións leves sancións de apercibimento ou multas de ata 2.000 euros.

O Goberno destina 9,8 millóns para mellorar a xestión de residuos en Galicia

O Goberno acordou repartir entre as comunidades autónomas algo máis de 176 millóns de euros para a xestión e reutilización dos residuos e o fomento da economía circular, dos cales 9,8 millóns son para Galicia.

O Consello de Ministros aprobou este investimento  que se realizará de acordo coas comunidades autónomas, encargadas de poñelo en marcha, segundo informou a voceira do Goberno, Isabel Rodríguez. Esta partida, explicou a ministra voceira, destinarase á construción, mellora das instalacións de tratamento, recollida e reciclaxe de residuos para a súa reutilización.

"Impulsamos unha recollida de lixo na que máis do 47% destes fondos irán destinados á separación para a súa reutilización", apuntou Rodríguez.

Lembrou a voceira que esta actuación forma parte do "aposta do Goberno" pola sustentabilidade e cunha nova economía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos