O Goberno aproba o PERTE dos microchips con 12.000 millóns de euros
O Goberno aproba o PERTE dos microchips con 12.000 millóns de euros
O PERTE de semiconductores é o de maior dimensión en canto a fondos públicos dos once proxectos estratéxicos anunciados ata o momento polo Executivo
O Goberno avoga por 3 días de teletraballo na Administración para aforrar enerxía
O Consello de Ministros aprobou este martes o Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) de microchips, o máis ambicioso atA a data pola súa contía, o seu potencial impacto transformador e a súa posible contribución á autonomía tecnolóxica de España e de toda a UE.
Así o explicou ao anunciar a súa aprobación a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, que apuntou que o proxecto contará finalmente cun volume de investimento público superior aos 12.000 millóns de euros, que permitirán xerar un efecto "multiplicador" na economía española.
Na conferencia de prensa posterior ao Consello, Calviño explicou que o obxectivo deste novo PERTE pasa por desenvolver de maneira integral as capacidades de deseño e de produción da industria española de microelectrónica e semiconductores abarcando toda a cadea de valor, desde o deseño ata a fabricación dos chips.
En paralelo á súa aprobación por parte do Consello de Ministros, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, está a expor este proxecto no Foro Económico Mundial de Davos, onde busca investidores potenciais, para o que ten previsto reunirse hoxe cos conselleiros delegados de catro empresas de referencia no sector: Intel, Qualcomm, Micron e Cisco.
O PERTE de microchips é o de maior dimensión en canto a fondos públicos dos once proxectos estratéxicos anunciados ata o momento polo Executivo.
O Goberno avoga por 3 días de teletraballo na Administración para aforrar enerxía
Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros a ministra de Facenda e Función Pública anunciou que se viñan de aprobar tres paquetes normativos para mellorar a Administración Pública. O primeiro paquete e máis importante é o da oferta pública de emprego para 2022, "a maior oferta da historia", dixo.
A segunda medida anunciou María Jesús Montero que era o plan de aforro e de eficiencia enerxética para a Administración Pública. Este plan que forma parte dun máis amplo para facer fronte ao impacto da guerra de Ucraína contempla, entre outras medidas, que os funcionarios poidan teletraballar tres días á semana.
Amais contén outras iniciativas como un uso racional dos edificios públicos, horarios de acendido e apagado de luces, niveis de iluminación, controis de temperatura máis esixentes e instalación de placas fotovoltaicas para autoconsumo.
Montero tamén anunciou que dentro dun paquete de iniciativas para organizar o traballo da Administración Pública tamén se vai incentivar o uso do transporte público entre os funcionarios, e o uso da bicicleta con máis aparcadoiros específicos.