Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Consello de Ministros aproba os primeiros descontos na AP-53 e a ampliación do porto de Vigo

O Consello de Ministros aproba os primeiros descontos na AP-53 e a ampliación do porto de Vigo

O Goberno aproba a subida de 200 euros ao mes para todos os militares

As bonificacións entrarán en vigor en Abril e alcanzarán ata o 75 % da peaxe para os usuarios recorrentes da AP-53 e "igual que da AP-9"

A lei obrigará a que os novos dispositivos dixitais leven pin parental por defecto

G24.gal 25/03/2025 08:30 Última actualización 25/03/2025 20:42

O Consello de Ministros aprobou este martes os primeiros descontos na AP-53, a autoestrada que une Santiago con Dozón.

Deste xeito equipararíanse os descontos ás bonificacións que xa teñen os usuarios da AP-9. A bonificación alcanzará ata o 75 % da peaxe para os usuarios recorrentes da AP-53, "igual que da AP-9", destacou Puente. O ministro engadiu que "en abril as bonificacións serán unha realidade".

Un condutor que realice 20 viaxes ao mes pasaría de pagar 280 a 70 euros ao mes nunha vía de 56 quilómetros.

A AP-53 é a única de titularidade estatal en toda España que non aplica ata o de agora ningún tipo de bonificación por uso frecuente ou telepeaxe. Mentres outras xestionadas polo Estado xa contan con descontos ou gratuidade parcial.

Máis de 40 millóns para a ampliación do porto de Vigo

 O Consello de Ministros autorizou licitar por 41,2 millóns de euros (IVE non incluído) a construción dun novo silo de almacenamento vertical de vehículos na Terminal de Transbordadores de Bouzas, no porto de Vigo.

A autorización para este silo, xemelgo ao xa existente, débese, segundo explica o Goberno central, ao incremento do tráfico portuario relacionado co sector da automoción rexistrado nos últimos anos, que colocou á terminal viguesa ao límite da súa capacidade. Na súa opinión, esta infraestrutura vai permitir " seguir crecendo" ao Porto de Vigo para convertelo no "gran" centro de coches da península.

O silo ten unha superficie en planta de 19.320 metros cadrados (168 x 115 metros) e unha altura total de 12,80 metros, con 5 plantas (planta baixa e 4 forxados) e dúas ramplas de acceso.

En 2024, a terminal de Bouzas moveu máis de 657.000 coches (654.591 en 2023) e rexistrou 221.305 toneladas de tráfico de pezas ligadas ao automóbil con diversos destinos internacionais, o que supuxo un incremento do 84% con respecto a 2023.

A través da Autoridade Portuaria de Vigo, o Ministerio puxo en marcha esta actuación para reforzar a competitividade do Porto, atender as necesidades de tráfico e aproveitar as oportunidades de negocio futuras.

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, valorouno como "un fito moi importante" para o Porto e dixo que vai permitir que o grupo Stellantis "non teña que estar a depositar en campas ao longo da provincia os coches cando ten colapso e póidao facer todo" dentro de terreo portuario.

Na súa opinión, esta infraestrutura vai permitir "seguir crecendo" ao Porto de Vigo para convertelo no "gran" centro de coches da península.

Subida de 200 euros aos militares

O Consello de Ministros aprobou tamén a subida lineal de 200 euros ao mes para todos os membros das Forzas Armadas e, ademais, para o persoal de tropa e mariñeiría consolidarase o pago de 100 euros que estiveron percibindo en 2024, co que cobrarán 300 euros máis.

Segundo informaron a EFE fontes do Goberno, a proposta do Ministerio de Defensa supoñerá un aumento do investimento de 400 millóns de euros. O incremento supoñerá un aumento lineal e consolidable de 200 euros do compoñente xeral do complemento específico de todos os membros das Forzas Armadas. E ademais para o persoal de tropa e mariñeiría manterase o pago de 100 euros mensuais que, como incentivo, se veu satisfacendo durante 2024.

Con este incremento, o ministerio pretende cumprir cos compromisos internacionais de España no ámbito da seguridade e defensa de ofrecer unha adecuada e xusta retribución do traballo comprometido e eficaz das Forzas Armadas en favor da paz, do servizo entregado aos cidadáns ou á intervención en situacións de emerxencia de diferente índole, segundo as fontes. Trátase dun incremento que as asociacións de tropa e mariñeiría consideran insuficiente, dado que cren que se debe incrementar en 1.500 millóns a partida para retribucións, non só en 400.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade