Publicador de contidos
Publicador de contidos

As autoestradas galegas seguen subindo en 2025

As autoestradas galegas seguen subindo en 2025

Circular entre A Coruña e Vigo por AP-9 xa custa 20 euros con 45 céntimos

G24.gal 05/01/2025 14:25

As autoestradas galegas son das máis caras do estado e seguen subindo. O traxecto Santiago-Vigo custa xa 12,5 euros e o de Vigo-A Coruña 20,45. Son prezos moi elevados para moitos petos.

Distorcen o noso mercado e obrigan ás veces aos galegos do sur a mirar cara a Portugal cando se trata de coller un voo internacional ou acudir á popular cadea de mobles sueca. Sobre todo agora que Portugal eliminou as peaxes das autovías.

Moitos galegos prefiren facer os voos internacionais por Sáa Carneiro. Sáelles máis barato que pagar as peaxes cara a algún dos aeródromos galegos. Non é a única actividade económica que lastran as elevadas peaxes galegas tamén inciden no turismo, nas compras e nos traballos.

Portugal acaba de liberalizar as autovías, as autoestradas son máis caras que as galegas pero, segundo os usuarios, están moito mellor conservadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade