Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno cre que se" aproxima o arquivo" da investigación a Begoña Gómez

O Goberno cre que se" aproxima o arquivo" da investigación a Begoña Gómez

A voceira do Goberno di que o ditame da Audiencia Provincial de Madrid lles da a razón

A Complutense clausura o último máster da muller do presidente do Goberno por reunir a tan só catro alumnos

Gómez desmente a UCM e tacha de "anómala" a cancelación

Pilar Alegría leva o auto da Audiencia Provincial de Madrid ao seu terreo
G24.gal 08/10/2024 14:21

O Goberno fai unha lectura particular do auto da Audiencia Provincial de Madrid sobre a investigación do xuíz Juan Carlos Peinado a Begoña Gómez polos presuntos delitos de corrupción nos negocios e tráfico de influencias. Na resolución, os maxistrados avalan as pescudas do xuíz e rexeitan arquivar a causa, en contra do que solicitara a muller do presidente do Goberno. Tan só lle esixen que deixe fora o rescate de Air Europa.

Pero o executivo non o ve así. A voceira do Goberno, Pilar Alegría, asegura que o auto vén a empurrar "claramente" cara o "arquivo" da investigación. A xuízo de Alegría, a Audiencia estima substancialmente os recursos presentados e sinala que hai unha investigación prospectiva, xenérica e imprecisa. E por segunda vez, di, limítalle ao xuíz o ámbito de actuación. O Goberno defende que con esta resolución, aproxímase "o arquivo" desta "non causa", despois dunha denuncia "feita con recortes de prensa por parte de organizacións de extrema dereita, que o PP e Vox fixeron súas".

A presión sobre Begoña Gómez medrou nas últimas horas. A Universidade Complutense canceloulle o último máster polo baixo número de alumnos matriculados. Din que só tiña catro. Ela desménteo e arremete contra unha anulación que tacha de "anómala". O próximo mes de novembro deberá comparecer na Asemblea de Madrid para explicar a súa relación coa universidade.

A presidenta Ayuso defende a citación polo dano na "reputación que está a sufrir a Complutense". Begoña Gómez deberá asistir, pero pode non declarar alegando que o caso está xudicializado. Nas próximas horas saberemos se o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid admite a trámite a querela por prevaricación que Pedro Sánchez presentou contra o xuíz Peinado. Pide que sexa apartado do caso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade