Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alxeria desmente a España e di que non sabía do xiro sobre o Sáhara

Alxeria desmente a España e di que non sabía do xiro sobre o Sáhara

Unidas Podemos critica o cambio e asegura que non é o camiño

O Goberno español reitera que a relación con Alxeria é sólida

A embaixadora de Marrocos regresa a Madrid 

G24.gal 20/03/2022 14:37

Intercambio de desmentidos entre España e Alxeria a conta da crise aberta tras a decisión de Pedro Sánchez de aliñarse con Marrocos no conflito do Sáhara. As autoridades alxerianas quéixanse de que non foron informadas do cambio de posición española e o Goberno español asegura que si lles transmitiron previamente a decisión.

Tras a decisión do Goberno de Alxeria de chamar a consultas o seu embaixador, unha medida que nalgunhas crises precede a ruptura de relacións, o ministerio de Exteriores de España emitiu un comunicado no que asegura que as autoridades do país africano coñecían o cambio de posición antes de que Marrocos o publicase.

Desmentido

Este domingo, a axencia nacional de noticias de Alxeria desmentiuno citando fontes diplomáticas. Din que a versión do Goberno español é unha mentira envolta en ambigüidade para intentar calmar as preocupacións da clase política española.

Insisten en que non sabían nada dun xiro que cualifican de deshonroso e de traizón histórica aos saharauís e que prexudica a credibilidade de España.

Relación sólida

O executivo de Pedro Sánchez, a pesar da marcha do embaixador, reitera que a relación con Alxeria é sólida e que dará explicacións a todos os grupos políticos.

"É un xiro inxustificable e inasumible. Non se sostén porque é un xiro respecto á posición de España co Sáhara, á da posición do goberno de coalición", considera Isa Serra, voceira de Unidas Podemos.

"O PP está a disposición, pero se hai información, lealdade e transparencia, é dicir, todo o que non houbo ata este momento", asegura Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta.

"Que nos digan en todo caso, se queremos falar de algo co Partido Popular, a quen temos que chamar. Se chamamos o señor Feijóo, ou a que manda de verdade, que é a señora Ayuso. Que nos digan iso, con quen temos que falar", pregunta Adriana Lastra, vicesecretaria do PSOE.

Esquerra Republicana de Catalunya xa adiantou que non romperá co Goberno español a pesar de considerar un erro o cambio de posición sobre o Sáhara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade