Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno prevé a construción dun novo dique de reparacións no estaleiro de Ferrol

O Goberno prevé a construción dun novo dique de reparacións no estaleiro de Ferrol

Anunciouno no Senado a vicepresidenta María Jesús Montero

 

G24.gal 06/02/2024 17:33 Última actualización 06/02/2024 20:27

A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, asegurou este martes no pleno do Senado que o Goberno "ten entre as súas previsións" a construción dun novo dique de reparacións no estaleiro de Navantia en Ferrol.

Na súa resposta ao senador do grupo parlamentario popular José Manuel Rey, Montero referiuse tamén á construción do novo buque de aprovisionamento de combate para a Armada, que supoñerá un investimento total de 439 millóns de euros, e defendeu que o apoio ao estaleiro "dá carga de traballo suficiente para que haxa tranquilidade no persoal e expectativa de emprego".

Este proxecto, recalcou a vicepresidenta primeira, supoñerá unha "nova carga de traballo de tres millóns de horas e a creación de 1.800 novos empregos, entre directos e indirectos". 

Montero asegurou que o estaleiro terá carga de traballo polo menos ata 2032.

Na súa quenda de réplica, o senador do PP volveu interesarse polo dique de construción civil e pola modernización do estaleiro, xa que aprenderon "demasiado en Ferrol e Galicia das curvas de emprego e desemprego" dependendo de se hai "máis ou menos barcos".

Pola súa banda, Montero destacou que o investimento neste recinto "duplicouse" na última lexislatura en comparación cos "sete anos do Goberno de Mariano Rajoy". E asegurou que o estaleiro terá carga de traballo polo menos ata 2032.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade