Publicador de contidos
Publicador de contidos

O gran partido de Raquel Carrera non evita a derrota diante de Letonia

O gran partido de Raquel Carrera non evita a derrota diante de Letonia

A selección española de baloncesto decepciona diante de Letonia e perde o primeiro partido do Eurobásket

G24.gal 16/06/2023 07:47

Decepcionou España na súa estrea no Eurobásket feminino cunha derrota por 67-63 diante de Letonia. Das poucas xogadoras que se salvaron no primeiro partido foi a ourensá Raquel Carrera, que asinou 15 puntos e 9 rebotes. 

Era clara favorita a selección española pero Letonia aguantou no primeiro cuarto e soubo coller unha boa vantaxe no segundo (37-28) aproveitando o desacerto das de Miguel Méndez no tiro.

No terceiro cuarto o partido mantívose na mesma liña e foi no inicio do último cuarto cando parecían meterse de cheo no partido (55-49) pero nunca tiveron opción de culminar a remonta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar