Publicador de contidos
Publicador de contidos

O internacional estadounidense Álex Chan deixa o Cisne e ficha polo Burgos

O internacional estadounidense Álex Chan deixa o Cisne e ficha polo Burgos

O central, terceiro máximo goleador da liga Asobal con 159 goles, leva 14 tempadas no conxunto galego

G24.gal 19/05/2023 15:50 Última actualización 19/05/2023 15:55

O internacional estadounidense Álex Chan, rexeitou a oferta de renovación do BM Cisne e xogará a partir da próxima tempada no San Pablo Burgos, equipo que estará dirixido por Roi Sánchez, exentrenador do Stuttgart da Bundesliga.

O central, terceiro máximo goleador da liga Asobal con 159 goles (5,89 de media por partido), leva 14 tempadas no conxunto galego, co que logrou dous ascensos á máxima categoría. O pasado mes de xaneiro, disputou o seu primeiro mundial coa selección estadounidense en Polonia e Suecia tras renunciar ao de Exipto por un brote de coronavirus no seu persoal, logrando un histórico triunfo ante Marrocos que lle deu o pase á segunda fase.

A baixa de Chan no Cisne únese ás xa coñecidas do pivote romanés Calin Dedu, que regresa ao Dinamo Bucarest tras a súa cesión, o extremo dereito Carlos Álvarez e o porteiro Kilian Ramírez, que seguirán compartindo vestiario no Ademar León.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar