Publicador de contidos
Publicador de contidos

O irmán de Moncho Reboiras presenta unha querela criminal polo seu asasinato en 1975

O irmán de Moncho Reboiras presenta unha querela criminal polo seu asasinato en 1975

Impútalle a 26 membros das forzas e corpos de seguridade do franquismo un delito de asasinato en concurso con crime de lesa humanidade

G24.gal 17/02/2023 14:59

A coordinadora de apoio as querelas contra os crimes do franquismo pide que se investigue como crime de lesa humanidade o asasinato en 1975 do líder nacionalista galego Moncho Reboiras.

O seu irmán, Manuel Reboiras, foi o encargado de interpoñer este venres á mañá unha querela no Pazo de Xustiza de Ferrol, a cidade onde Reboiras foi abatido a tiros durante un operativo policial. 

"Que nun futuro non mi remoto todas estas violencias, torturas, asasinatos, que se produciron na ditadura franquista poidan ser recoñecidos. Que as vítimas e os verdugos teñan nome propio", explicaba Manuel.

A querela impútalle a 26 membros das Forzas e Corpos de Seguridade do franquismo un delito de asasinato en concurso cun crime de lesa humanidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade