Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Liceo queda sen marxe de erro na semifinal da OK Liga

O Liceo queda sen marxe de erro na semifinal da OK Liga

Perdeu por 4-2 o segundo partido da eliminatoria diante do Noia e terá que gañar os tres partidos que quedan para estaren na final

G24.gal 02/06/2024 14:28

O Deportivo Liceo quedou contra as cordas na eliminatoria de semifinais da OK Liga, logo de perder o segundo partido, outra vez no feudo inexpugnable do Noia. O cadro catalán impúxose grazas ao acerto de Martí Gabarró, que anotou tres tantos. Ciocale mandou o partido empatado ao descanso, pero rachou na segunda metade. Xavi fixo o catro a un, e Saavedra maquillou o marcador no último minuto. O venres, terceiro partido en Riazor xa sen marxe de erro para o Liceo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos