O Liceo reforza o seu cadro de xogadores coa chegada de Nil Cervera
O Liceo reforza o seu cadro de xogadores coa chegada de Nil Cervera
O xogador catalán asina por dous anos, con opción a outros dous
Procede do Igualada Hoquei Club, onde anotou 29 tantos na tempada pasada
O proxecto liceísta segue sumando novos efectivos ao seu cadro de xogadores. Esta vez é a quenda de Nil Cervera. O xogador catalán de 22 anos é unha promesa do hóckey español, irrompendo na elite a tempada pasada. 21 goles na OK Liga e 8 na WSE Europe cos que axudou o seu club, o Igualada H.C., a conseguir o título continental. Unha boa actuación nesta campaña que o levou mesmo a debutar coa selección absoluta en marzo deste ano.
Cervera é a guinda dun verán moi activo na Coruña. Trátase da quinta incorporación do Liceo xunto coas fichaxes de Tato Ferruccio, Arnau Xaus, Martín Rodríguez e Jacobo Copa. O conxunto adestrado por Juan Copa adiántase a outros equipos grandes de Europa e faise así cos servizos de Cervera. Un diamante en bruto para o equipo coruñés e que se verá cara a cara no Clásico co seu irmán menor, o xogador do FC Barcelona Eloi Cervera.
Trátase dun aliciente máis para o enfrontamento contra os cataláns, aos que o Liceo aspira a derrotar.