O Lugo busca facerse forte contra o Eivissa no Anxo Carro
O Lugo busca facerse forte contra o Eivissa no Anxo Carro
Eran as 22:55 da noite do xoves e o Lugo aínda estaba no campo do Adarve celebrando a súa clasificación para a segunda rolda da Copa do Rei. 67 horas despois, afronta un partido chave contra o Eivissa.
Rubén Albés: "Hai que ver como chega a xente despois do partido de Copa, chegamos ás sete da mañá logo dun partido largo, esixente e tremendamente duro".
Os lucenses agardan por un rival máis forte como visitante que como local que suma catro partidos sen perder fóra da casa. E que rematou imbatido nas tres últimas saídas nas que sumou sete de nove puntos posibles.
Rubén Albés.: "Tanto organizativamente como individualmente paréceme un equipo bastante completo. Agora mesmo está dous puntos por riba de nós e para nós é un deses rivais cos que temos que loitar pola permanencia. Polo tanto, o domingo temos un partido tremendamene importante, é un encontro de seis puntos".
O Lugo busca facerse forte no Anxo Carro, onde leva tres partidos sen gañar.