Publicador de contidos
Publicador de contidos

O marido de Sturgeon, liberado sen cargos

G24.gal 06/04/2023 09:12

Peter Murrell, marido da exministra principal de Escocia Nicola Sturgeon, foi liberado onte á noite sen cargos, despois de que permanecese varias horas detido en relación cunha investigación sobre as finanzas do Partido Nacional Escocés (SNP), informou a Policía escocesa.

Nun comunicado, a policía sinalou, ademais, que os axentes rexistraron "varios domicilios como parte da pescuda" e que se elaborará un informe que será remitido á fiscalía.

Sturgeon anunciara a súa dimisión o pasado febreiro como ministra principal de Escocia e líder do SNP, e foi substituída a semana pasada por Humza Yousaf tras unha elección interna.

A exlíder independentista, que mantén o seu escano no Parlamento de Holyrood (Edimburgo), "cooperará por completo coa Policía de Escocia se se lle require, aínda que ata este momento non se fixo esa petición", indicou o seu portavoz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade