Cargando resultados...
O persoal de xardíns do Concello de Chantada fai un belén con restos da poda
O persoal de xardíns do Concello de Chantada fai un belén con restos da poda
Máis do 90 % dos materiais que empregaron para a súa creación son refugallos
G24.gal
28/12/2024 21:14
Última actualización 28/12/2024 22:00
Case tan importante, ou tan importante, como reciclar é evitar comprar novos produtos. Con
esta filosofía naceu un dos beléns máis enxebres e humildes de Chantada.
É un nacemento onde máis do 90 % dos materiais que empregaron para a súa creación proceden das cernas e podas que fai o equipo de Parques e Xardíns deste concello da Ribeira Sacra.
Detrás destas recreacións sinxelas e artísticas está un equipo de profesionais que foron xuntando os restos do seu traballo para recrear un belén.