Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ordense Iván Raña, primeiro español no Salón de la Fama de World Triathlon

O ordense Iván Raña, primeiro español no Salón de la Fama de World Triathlon

Raña: "Só podo dar as grazas e é moi especial que me dean o Hall of Fame aquí en Pontevedra, na miña casa"

G24.gal 21/09/2023 11:37 Última actualización 21/09/2023 11:50

O triatleta galego Iván Raña é o primeiro deportista español incluído pola Federación Internacional de Tríatlon (World Triathlon) no Hall of Fame (Salón da Fama) na previa das finais das Series Mundiais que esta fin de semana dispútanse en Pontevedra.

Raña, pioneiro deste deporte a nivel nacional, coroouse como o primeiro campión do mundo español en 2002 e logrou tamén outros dous títulos de campión de Europa e un ouro no Mundial de Ácuatlon, ademais de múltiples vitorias noutras probas e tres participacións en Xogos Olímpicos, nos que chegou a ser quinto clasificado en dúas ocasións (Sydney 2000 e Pequín 2008).

“Foi moi bonito e o discurso previo de Javi Gómez Noya, ao que coñezo dehai máis de vinte anos. Emocionoume. Só podo dar as grazas e é moi especial que me dean o Hall of Fame aquí en Pontevedra, na miña casa", afirmou Raña durante a gala celebrada no casino de Pontevedra.

Pola súa banda, o presidente da Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo destacou a importancia da figura do galego na historia deste deporte:

“Fíxome unha ilusión especial porque vin crecer a Iván Raña desde o principio, ata pasar a ser un referente do tríatlon a nivel mundial".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos