Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. gaña a Copa Federación na quenda de penaltis

O Ourense C. F. gaña a Copa Federación na quenda de penaltis

Derrotou o Rácing Vilalbés grazas a dúas paradas do seu porteiro Marqueta

O encontro finalizou con empate sen goles

G24.gal 30/08/2023 22:09

O Ourense Club de Fútbol continuará o seu periplo na Copa Federación logo de gañar o sector galego. Lembremos que o ano pasado o Arenteiro, por esta vía, acabou clasificándose para xogar a Copa do Rei. 

O equipo ourensán impúxose na quenda de penaltis despois dun encontro no que se notou a carga de traballo destas cinco semanas de pretemporada. No primeiro tempo as mellores ocasións foron para o equipo das Burgas, sobre todo unha de Facu Ballardo que fallou cando o máis doado era rematar á rede.

Na segunda parte tampouco se moveu o marcador. Tiveron que xogalo todo nunha quenda de penaltis na que Raúl Marqueta se converteu en protagonista ao parar os dous primeiros lanzamentos dos xogadores do Rácing Vilalbés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos