O Ourense C. F. mantén o liderado e mete o Rácing Vilalbés nun serio problema (2-0)
O Ourense C. F. mantén o liderado e mete o Rácing Vilalbés nun serio problema (2-0)
A pegada do líder deixa os visitantes afundidos na táboa
Di Renzo marcou de novo e a piques estivo de anotar dous goles
O Rácing Vilálbes marchou sen puntos na súa visita a Oira, logo de que o Ourense C. F. mostrara a gran pegada da que dispón. O resultado, 2 a 0.
A primeira metade comezou con alternativas para ambos, pero sobre todo cun Vilalbés activo e buscando adiantarse. Os lucenses non tiveron ningunha ocasión clara de gol, aínda que sí xeraban certa sensación de perigo. Non puideron acadar o gol e o Ourense espertou. No minuto 24, Di Renzo remataba a gol un gran centro dende a esquerda, confirmando así o grande acerto do club coa súa fichaxe. A partir de entón, o líder xerou perigo. Antes do descanso, contou con dúas ocasións claras, pero os seus atacantes non foron quen de atopar a portería. A sensación era de que estaba máis cerca o segundo dos locais que o primeiro dos visitantes. O Vilalbés dominou en moitos momentos a posesión e o partido, pero o Ourense tivo máis pegada. Así chegou o partido ao descanso.
No segundo acto viuse un Ourense C. F. que buscaba o segundo, e mesmo tiveron unha clara ocasión de gol nada máis principiar o recomezo. No 49, unha boa xogada colectiva foi rematada por Hugo Sanz ao fondo da rede, establecendo o segundo tanto no electrónico. Os locais querían o terceiro, pero os de Vilalba activáronse comezaron a levar serio perigo xa chegando ao minuto 70. A piques estivo Álex Gil de cortar a reacción e acabar co partido, pero a zaga visitante resolveu un contragolpe moi perigoso. No 75, Di Renzo puido de novo sentenciar cun remate na área que incomprensiblemente enviou alto. Nin sequera na última xogada do encontro foi capaz o conxunto de Simón Lamas de marcar, xa que se topou co gardarredes.
Os locais mantéñense líderes, mentres o conxunto visitante ten un grave problema, xa que podería quedar a tres puntos da permanencia.