O Ourense mantense outra semana máis no alto tras vencer ao Guijuelo (1-0)

Unha expulsión e un gol na mesma xogada dalle ao Ourense unha nova vitoria

Os ourensáns manteñense líderes unha semana máis e xa suma sete xornadas sen perder

G24.gal 26/11/2023 14:12

O Ourense C. F. saíu vencedor no seu primeiro encontro como líder da categoría. O partido quedou marcado pola expulsión de Álvaro Coque no minuto 43, que rematou provocando o gol de Álex Gil tras o saque da falta. Na segunda metade fixo notar a superioridade numérica, pero non foi quen de anotar o segundo gol, o Guijuelo pola súa parte dispuxo dalgunha ocasión esporádica pero tampouco foi quen de igualar o encontro.

Co resultado o Ourense C. F. mantense primeiro con 30 puntos, e suma seis triunfos nos seus últimos sete partidos. O Guijuelo suma a súa segunda derrota consecutiva e afástase dos postos de play off.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos