Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Racing non pode contra un grande Ourense C. F.

O Racing non pode contra un grande Ourense C. F.

Un solitario gol de Alberto Gil desiquilibrou a balanza

G24.gal 27/07/2024 20:52 Última actualización 28/07/2024 09:03

Partido no Couto entre o Ourense C. F. e o Rácing de Ferrol, cun clima moi extremo debido as elevadas temperaturas. Os dous equipos atópanse nos primeiros partidos de pretemporada e iso tamén se notou, erros en saída, imprecisións, sen moita conexión entre os xogadores en dous equipos que teñen moitos novos xogadores.

O partido comezou cunha grande oportunidade do Ourense, a máis clara do partido quitando o gol, un man a man que parou o meta do Rácing. Non acontecía nada no partido ata que Alberto Gil fixo un bo disparo dende a frontal da área e anotou un bo gol. No Rácing un só tiro á portería no lanzamento dunha falta lateral.

Na segunda metade o guión foi o mesmo que na primeira, ademais, houbo que sumar aos condicionantes da primeira metade a inclusión dos típicos cambios de pretemporada, o que sempre baixa o ritmo dos partidos. Sen ocasións moi claras ía rematar a segunda metade ata que na última xogada Chiki enganchou unha gran volea pero que foi moi centrada. Partido clásico de pretemporada marcado polas altas temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade