Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense estréase cun valioso empate no campo do Nástic (1-1)

O Ourense estréase cun valioso empate no campo do Nástic (1-1)

Carbonell empatou o golazo inicial do local Jardí

G24.gal 24/08/2024 21:31 Última actualización 24/08/2024 21:56

Gran punto o que sacou o Ourense Club de Fútbol na súa estrea na Primeira Federación diante dun Nástic de Tarragona que parte como un dos favoritos para acadar o ascenso de categoría (1-1)

Nun ambiente extraño -xogouse a porta pechada- aos dous equipos custoulle coller o ritmo de partido. Dominaba o Nástic e o cadro ourensán intentaba defender con orde. Apenas houbo achegamentos ata que o ex racinguista Jaume Jardí inventou un lanzamento desde 50 metros que superou a Marqueta. Por diante no marcador o cadro tarraconense xogou os mellores minutos do partido e puido aumentar a vantaxe antes do lecer. 

Jardí marcou un golazo desde 50 metros

O Ourense C. F. arriscou no segundo tempo coa entrada de Carbonell no lugar de Ángel Sánchez e o dianteiro atinou no minuto 56 cun gran disparo na área. O Nástic volveu insistir, pero xa non superou unha defensa seria e segura que puxo o equipo de Rubén Domínguez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar