Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. estrélase contra os paus e a defensa da Segoviana (0-0)

O Ourense C. F. estrélase contra os paus e a defensa da Segoviana (0-0)

O equipo de Rubén Domínguez mandou dous remates ao poste

G24.gal 14/09/2024 17:01 Última actualización 14/09/2024 17:17

O Ourense Club de Fútbol continúa sen gañar na Primeira Federación. Contra a Segoviana era un partido importante diante dun teórico rival directo pola permanencia e non foi capaz de superalo no Couto. O partido xogouse baixo unha calor abafante (35 graos á hora do comezo) que condicionou o desenvolvemento do mesmo. 

Non se moveu o marcador pero ocasións houbo dabondo. O Ourense estrelou dous remates contra os paus e gozou de máis achegamentos que o seu rival. Ben é certo que a Segoviana, co bulideiro dianteiro galego Davo, tamén tivo un remate á madeira e xerou perigo sobre a portería de Marqueta. Ao final empate sen goles que non deixa satisfeito a ningún dos dous equipos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos